Identificar, protexer e desenvolver o noso Potencial Xeotérmico

Miña terra Galega o noso planeta

Xeotérmica Galega é unha colaboración entre entusiastas científicos/as, investigadores/as e enxeñeiros/as ambientais afincados en Galicia

A nosa misión comeza co mapa do Potencial Xeotérmico de Galicia, centrándonos en investigar e identificar cal é o mellor camiño para facerlles chegar, canto antes, aos galegos/as unha enerxía xeotérmica limpa. Estamos comprometidos con desenvolver unha gama de oportunidades xeotérmicas que favoreza a todos os galegos/as, e isto só se pode conseguir sendo conscientes de que este benificio ten que atender tanto a punto de vista económico como ao ambiental

A nosa viaxe acaba de comezar

A Xeotermia xa está aquí

Galicia repousa enriba dunha enerxía natural moi poderosa –almacenada en forma de calor debaixo da superficie solida da terra- e nós queremos entendelo mellor de tal xeito que poidamos empregalo en beneficio de todos os galegos e galegas e colaborar así para conseguir unha solución enerxética global

Queremos traer o potencial xeotérmico de Galicia á superficie e desbloquear así millóns de anos de potencial agochados

O futuro comeza aquí

Xeotérmica Galega

As rochas galegas encarnan o poder, a identidade e o potencial natural desta terra. 

Esta é unha terra antiga cun recurso antigo, e todos nós somos os seus gardiáns. Queremos investigar o potencial que temos baixo a nosa terra, nas augas subterráneas. Esta poderosa enerxía é o noso tesouro e é a nosa responsabilidade respectala e coidala, xa que somos custodios de rochas vivas, vivas con auga. Elas son a nosa vida, a nosa auga e o noso futuro.

A Xeotermia, en todas as súas formas, ten o potencial de poder subministrar de xeito sostible enerxía eléctrica e térmica, tanto para usos residenciais como industriais e recreativos. 

Xeotérmica Galega ten un enorme potencial que lle permite aplicar as últimas investigacións e tecnoloxías mundiais na procura dunha utilización sostible desta fonte de enerxía renovable e limpa. Así, o noso equipo, con sede en Pontevedra, está comprometido con investigar e identificar o mellor camiño para traer aos galegos e galegas unha enerxía xeotérmica limpa.

Agua Enodo

Xeotérmica Galega pon o seu foco de atención en Galicia, sendo Agua Enodo  a nosa organización afín especializada en proxectos de consultoría de augas subterráneas en todo o mundo.

Esta asociación garante que poidamos traer a Galicia os últmos avances en enerxía xeotérmica a nivel internacional.

 

 

Protección Ambiental

Ambas as dúas organizacións teñen un forte compromiso coa sostibilidade, especialmente nos aspectos ambientais, sociais e económicos dos nosos proxectos. Os elementos fundamentais das nosas asociacións e colaboracións son a integridade e a confianza a través dunha comunicación aberta e honesta en cada etapa dos nosos proxectos.

 

Enerxía Sostible

Temos a visión de poder producir esta enerxía potencial para electricidade e calefacción con cero emisións de carbono, así como procurar unha calefacción e refrixeración enerxeticamente eficientes. Un ou máis destes camiños xeotérmicos van ser a chave, xunto con outras solucións sostibles, que axudará a Galicia a realizar a súa transición cara a cero emisións de carbono no 2050.

Estamos desexando compartir contigo a nosa emoción e paixón. Como defensores desta causa, agradecemos o teu interese. Non dubides en contactar connosco